Dena, un luns pola mañá

Para os gardiáns dos xogos...

Queridos nenos e nenas de 5.º:

Chámome Carmela e son a avoa dun dos vosos compañeiros. Vivo nun fogar de maiores preto do voso cole e pásome moitas horas mirando pola fiestra.

O outro día, mentres tomaba o sol na praza, decateime dunha cousa que me encolleu o corazón: ningún neno, ningunha nena estaba xogando. A praza, que antes se enchía de risas, estaba baleira.

Cando eu tiña a vosa idade, xogabamos na rúa da mañá á noite. Á billarda, ao marro, ás buxainas, ás mariolas, á corda... Tiñamos as pernas cheas de fariseos e as mans sucias, pero tiñamos amigos de verdade e eramos ben felices.

Agora só vexo pantallas. Móbiles, tabletas, videoxogos... As pantallas non son malas, pero a vida non está dentro dunha pantalla. Está aí fóra, na rúa, no monte, na praza.

A miña neta díxome unha idea que me gustou moitísimo: que tal se vós rescatades os nosos xogos e os levades de volta á rúa? Eu estou disposta a ensinarvos todo canto sei. Os xogos dos nosos avós son tamén o noso patrimonio; se non os xogades, desaparecerán para sempre.

Así que aí vai a miña pregunta: estades preparados para ser os novos Gardiáns dos Xogos Tradicionais de Galicia?

Agardando a vosa resposta,
Carmela
GARDIÁNS
DOS
XOGOS
2026