Antes de comezar: a regra de 3 directa sérvenos para calcular canto dunha cousa corresponde con outra cando as dúas crecen proporcionalmente. Exemplo: 2 h / semana → ? h / 5 semanas → 2 × 5 = 10 h
🛒 Conexión coa Tenda Sostible: o mesmo razoamento aplícase ás compras da aula. Exemplo:1 maza = 1 Lite · 5 mazas → 5 Lites. Na S2 dos mates usaremos as tarxetas de prezo e os billetes de Lites para practicar. Materiais: tenda_sostible_tarxetas_prezo · tenda_sostible_billetes_lites · tenda_sostible_retos (carpeta MATES_integracion).
RETO 1 RECORDAR
Completa a táboa: se xogas 1 hora ao día, cantas horas xogas á semana, ao mes e ao ano?
1 día
1 semana (7 días)
1 mes (≈30 días)
1 ano (365 días)
1 hora
h
h
h
RETO 2 APLICAR
Martiña xoga 2 horas cada sábado na rúa. Cantas horas xoga nun mes de 4 sábados?
Cálculo:
Resposta: h
Xián pasa 3 horas diarias coa consola. Cantas horas son en 5 semanas (35 días)?
Cálculo:
Resposta: h
RETO 3 ANALIZAR
Nunha semana, Uxía pasou 21 horas coa tableta e 4 horas na rúa (redondeamos a semana a 7 días).
Horas/día tableta: · Horas na rúa / semana:
Ao mes (30 días): tableta h
Que conclusión podes tirar? (entrega en papel)
RETO 4 CREAR
Inventa un problema da túa vida real que se resolva con regra de 3 e intercámbialo cun compañeiro.
Pista: comeza sempre identificando as dúas magnitudes. Debuxa a táboa de 2×2 e coloca os datos coñecidos. A incógnita chámase x.