REDACTAMOS AS CONCLUSIÓNS EN GALEGO

Sesión 6 · Texto expositivo a partir dos datos
LG · CA3.7MAT
Grupo: __________ · Data: ___/___/______

ESTRUTURA DUN TEXTO DE CONCLUSIÓNS

  1. Introdución (1-2 frases): que investigamos e a quen.
  2. Datos máis relevantes (2-3 frases): cifras reais da nosa enquisa.
  3. Análise (2-3 frases): que significan eses datos? Diferenzas por curso?
  4. Conclusión persoal (1-2 frases): que opinamos? Que propoñemos?
Parágrafo 1 · Introdución
"O trío formado por [nomes] deseñou e pasou unha enquisa ao alumnado de [cursos] e ás súas familias, co obxectivo de coñecer [que]. Recolléronse un total de [N] respostas."
Parágrafo 2 · Datos relevantes
"O resultado máis chamativo é que o [X %] do alumnado pasa máis de [Y] h diarias coas pantallas. Ademais, só o [Z %] xoga ao aire libre máis de [W] días á semana. En cambio, o [V %] gustaríalle aprender xogos tradicionais."
Parágrafo 3 · Análise
"Os datos revelan que [tendencia]. Se comparamos 2.º e 5.º, observamos que [diferenza]. Estes resultados fannos pensar que [causa]."
Conectores útiles: en primeiro lugar · ademais · sen embargo · por unha banda / por outra · por exemplo · é dicir · polo tanto · en conclusión
Parágrafo 4 · Conclusión e proposta
"Como conclusión, cremos que [opinión fundamentada]. Por iso propoñemos [proposta ligada ao produto final]."