FEITOS, OPINIÓNS E DATOS · Alfabetización mediática

Sesión 6 · Lectura crítica
LINGUA GALEGA · B4
Nome: _________________
Data: ___/___/______
Un feito é algo comprobable con datos ("o 62% do alumnado pasa +2h en pantallas"). Unha opinión é unha valoración persoal ("as pantallas son malas"). Un bulo é unha información falsa que se difunde como se fose verdade. Aprender a distinguilos é crucial para usar ben a información da enquisa.

RETO 1 · CLASIFICA CADA FRASE

1. "O 72% do alumnado de 4.º xoga menos de 2 h á rúa á semana."
2. "As pantallas son máis perigosas que a gripe."
3. "Os nenos que xogan ao marro aproban todo con sobresaliente."
4. "A OMS recomenda non pasar máis de 1 hora diaria con pantallas en menores de 5 anos."
5. "Os xogos tradicionais son máis divertidos que os videoxogos."
6. "Se xogas a cartas durante 10 minutos quedas cego."

RETO 2 · CONVERTE AS OPINIÓNS EN FRASES CON DATOS

Orixinal (opinión): "Pasamos demasiado tempo con pantallas."
Convertido a dato (con cifras da nosa enquisa):
Orixinal (opinión): "Ninguén xoga xa na rúa."
Convertido a dato:

RETO 3 · LISTA DE COMPROBACIÓN (antes de compartir)