ESCALA 1:100 · AS SUPERFICIES DOS NOSOS XOGOS

Sesión 10 · Paso 3 do reto dos xogos populares · Escala m → cm
MAT · B3 + B4
Equipo: _________ · Data: ___/___/______

Por onde imos?

Paso 1 (xa feito): deseñastes os 5 xogos con material reciclado. Paso 2 (xa feito): estimastes a superficie real de cada zona de xogo en metros cadrados. Paso 3 (HOXE): pasade ese trazado real ao papel a escala 1:100.

A regra da escala 1:100: 1 cm no plano = 100 cm reais = 1 metro real. Logo, calquera lonxitude real en metros pásase ao plano coa mesma cifra en centímetros. Exemplo: 25 m reais → 25 cm no plano.
Cidados! Coa área pasa unha cousa curiosa: cada metro cadrado real ocupa só 1 cm² no plano (porque 1 m × 1 m → 1 cm × 1 cm). Polo tanto, a cifra dos m² reais coincide cos cm² do plano.

1. OS 5 XOGOS A ESCALA CONVERTER

Medidas suxeridas (podedes axustar coas vosas estimacións do paso 2). Aplicade a escala 1:100 e calculade a área no plano.

Xogo Lugar Forma Medidas reais Medidas a escala (cm) Área real (m²) Área plano (cm²)
Billarda Os Pasais Rectángulo 25 m × 4 m × cm cm²
Bolos Praza do Corazón Rectángulo 18 m × 3 m × cm cm²
Mariola Parque do centro de saúde Rectángulo 4 m × 1 m × cm cm²
Petanca Os Pasais Rectángulo 15 m × 4 m × cm cm²
Peóns Alameda Círculo raio = 3 m raio = cm cm²

A · Cabe o trazado nun A4?

Unha folla A4 mide 29,7 cm × 21 cm. Para cada xogo, marcade SI ou NON segundo caiba o trazado a escala 1:100 nunha soa folla.

Billarda: · Bolos: · Mariola: · Petanca: · Peóns:

Truco: 1 m real → 1 cm no plano. Comparade a medida maior do xogo coa medida maior do A4 (29,7 cm).

B · Que xogo é o máis grande? E o máis pequeno?

Ordenade os 5 xogos pola súa área real, de maior a menor:

  2º   3º   4º   5º

Diferenza entre o maior e o menor (en m²):

C · Cabe todo no patio?

O patio do colexio é un rectángulo de 40 m × 25 m. Sumade as áreas dos 5 xogos e comparade coa área do patio.

a) Área total dos 5 xogos:

b) Área do patio:

c) Cabe todo? (SI / NON):

d) Cantos m² quedan libres?

D · Debuxa o teu xogo no plano (entrega en papel)

Escolle un dos 5 xogos. Nun A4 debuxa o seu trazado a escala 1:100 usando regra. Marca:

Xogo escollido: ______________________ · Lugar: ______________________