RÚBRICA · PODCAST DOS XOGOS

Lingua Galega + Plástica
Grupo: __________
Ep. nº: _____ · Xogo: ______________
Data: ___/___/______
Criterio4 · Experto3 · Avanzado2 · Proceso1 · Inicial
Galego oral Galego normativo, fluído, vocabulario específico. Galego correcto con algunha interferencia. Mestura galego e castelán. Castelán ou galego moi deficiente.
Estrutura do guión Apertura / desenvolvemento / peche ben diferenciados. Orde lóxica pero con algún salto. Estrutura pouco clara. Sen estrutura recoñecible.
Contido (xogo) Explica orixe, regras, material, habilidades e valor patrimonial. Explica a maioría pero omite un apartado. Omite apartados importantes. Contido escaso ou erróneo.
Entoación / expresividade Voz viva, pausas e énfases ben colocados. Voz clara, pouca variación. Monotonía ou carreiras. Plano e difícil de escoitar.
Calidade técnica Sen ruído, niveis equilibrados, FX ben colocados. Ten algún ruído leve ou volume irregular. Ruídos evidentes / volume errático. Difícil de escoitar.
Uso de cita textual (avoa/avó) Cita ben integrada, con crédito. Cita sen crédito ou mal integrada. Cita mencionada sen contexto. Non hai cita.
Cooperación Voces repartidas, tempos equilibrados. Unha voz domina lixeiramente. Moi desequilibrado. Só fala unha persoa.
Total /28
___
Nota /10
___
Avaliador
☐ Profe ☐ Coav. ☐ Auto
Publicar?
☐ Si ☐ Revisar