Cada 20 minutos de pantalla, mira 20 segundos a 6 metros de distancia. Protexe os teus ollos.
Mantén a pantalla a 40 cm dos ollos. Nin máis preto, nin apagada a luz.
Compromísote a saír a xogar fóra cada día, polo menos 60 minutos.
Deixa o móbil media hora antes de deitarte. A luz azul dificulta o sono.
Na mesa falamos, non miramos o teléfono. Coa familia, estamos de verdade.
Queda con amigos/as na praza ou no monte. A risa compartida non ten filtros.
Buxaina, billarda, mariolas... pregunta aos avós. Gardas patrimonio en cada partida.
Contrasta se o que ves é certo antes de reenvialo. Non todo o que circula é verdadeiro.
Se alguén na rede che molesta, avisa a unha persoa adulta. Non estás só/a.
Un xoguete roto ou unha tableta vella non son lixo. Repara, regala, recicla.