GUIÓN · Presentación oral no Festival

Sesión 17 · Letras Galegas · 17 de maio
LG · CA2.3
Grupo: __________ · Xogo: ______________
Presentadores/as: ______________________

ESTRUTURA EN 4 PARTES 3-4 MIN

1. Saúdo e presentación (30 s) · 2. Por que este xogo (45 s) · 3. Demostración (90 s) · 4. Convite a xogar (15 s)

PARTE 1 · SAÚDO E PRESENTACIÓN

Imos mirando ás familias, respirando e sorrindo antes de falar.

Exemplo: "Boa tarde a todas e a todos. Somos ___, ___ e ___, de 5.º. Durante dous meses investigamos os xogos tradicionais galegos. Hoxe queremos compartirvos o noso: [nome do xogo]."

PARTE 2 · POR QUE ESTE XOGO

Contar unha cousa que descubrimos, mellor se é unha anécdota ou unha cita da persoa maior entrevistada.

Exemplo: "Escollemos este xogo porque [motivo]. A avoa Carmela contounos que [cita]. E isto é patrimonio que non queremos perder."

PARTE 3 · DEMOSTRACIÓN

Explicar con frases curtas mentres un compañeiro ensina. "Primeiro... despois... finalmente..."

Exemplo: "Este é o material que construímos con reciclaxe. Para xogar: 1) ___ 2) ___ 3) ___. Ide probando mentres imos explicando."

PARTE 4 · CONVITE A XOGAR

Peche positivo e activo. Pedilo claramente.

Exemplo: "Agora tócavos a vós. Pasádevos pola nosa estación do xogo interactivo e levade o QR á casa. Xogar na rúa é coidar o galego e a saúde. Moitas grazas!"

CONSELLOS PARA QUE CHEGUE