1. APERTURA 2 min
Saúda ás autoridades (concello, inspección se hai), ás familias e á comunidade escolar. Sé breve, claro e en galego coidado.
Guión: "Boa tarde. Somos os Gardiáns dos Xogos Tradicionais do CEIP de Dena. Hoxe lanzamos o Xogo Interactivo Xogamos na rúa. Nel convertemos o concello nun taboleiro vivo onde as familias poden xogar xuntas e recuperar o que estabamos a perder."
2. QUE É O XOGO INTERACTIVO 3 min
Explica en 3 frases como funciona. Usa a pantalla co mapa.
Guión: "É moi sinxelo: 1) collede o mapa no cole ou descargádeo no QR. 2) ide a cada estación marcada e escaneade o seu QR: aparecerá un xogo tradicional para practicar. 3) ao rematar, o sistema calcula o voso tempo e engádeo a un ranking público."
3. AGRADECEMENTOS 2 min
Nomea explícitamente ás persoas e entidades que colaboraron. Cita á avoa Carmela e á optometrista.
Guión: "Queremos agradecer a Carmela e ás avoas e avós do Fogar de Maiores por compartir a memoria; á optometrista por ensinárnosnos coidar a vista; ás familias por acompañarnos; ao Concello por deixarnos usar as rúas. E ao claustro por confiar en nós."
4. ACTIVACIÓN DO RANKING 2 min
Momento simbólico: un alumno preme "enter" na pantalla para activar o sistema. Convida aos primeiros participantes.
Guión: "E agora... (conta atrás) 3, 2, 1, xogamos! O ranking está aberto. Invitamos a primeira familia a percorrer o circuíto. O seu tempo será o récord a superar."
5. CHAMADA Á ACCIÓN 1 min
Peche inspirador. En galego, con emoción contida pero clara.
Guión: "Se usades este xogo, falade en galego. Se xogades na rúa, recordade que gardades patrimonio. Os xogos non son do pasado, son do futuro que queiramos. Grazas e... ata na praza!"
FRASE PROPIA DO/A PRESENTADOR/A
DATO / ANÉCDOTA QUE QUERO MENCIONAR